Neste curso ofrecemos unha exploración híbrida, teórica e práctica, do uso de arquivos fotográficos, especialmente os arquivos familiares, como materia prima para a creación contemporánea. A través da análise de prácticas artísticas que traballan con imaxes atopadas, domésticas e vernáculas, os asistentes explorarán estratexias para reinterpretar, resignificar, intervir e narrar o arquivo. O curso combina a análise de obras relevantes, a reflexión crítica e o desenvolvemento dun proxecto persoal baseado no arquivo propio ou apropiado.
Este obradoiro explora o fotolibro e a súa historia como medio clave no desenvolvemento da fotografía. Comezaremos coa súa materialidade e explicaremos como, dende as súas orixes, foi un medio privilexiado para o traballo fotográfico. A través de debates en grupo, realizaremos unha reflexión teórica sobre fotógrafos clásicos e contemporáneos, cuxas obras nos permitirán interactuar coas súas propostas creativas, técnicas e propostas visuais dentro do seu contexto. Este proceso axudaranos a apreciar o fotolibro como medio expresivo e proporcionaranos ferramentas para a súa análise.
Neste curso propomos unha aproximación teórica e práctica ao negativo, non só como unha matriz técnica senón como un obxecto, unha superficie e un territorio conceptual. A través de prácticas experimentais, históricas e contemporáneas, exploraremos as posibilidades do negativo como un material artístico autónomo, sobre o que se pode intervir, manipular, reconfigurar e resignificar. A abordaxe alíñase con experiencias que configuran a experimentación non como un efecto estético, senón como unha metodoloxía crítica onde o erro, o azar, a fisicidade do medio e a intervención directa desafían os límites da fotografía tradicional.
Este curso mergullarémonos na posfotografía como campo extendido de prácticas, discursos e actitudes críticas cara a produción, circulación e consumo de imaxes na era dixital. Baseándonos nas ideas de Joan Fontcuberta e entablando un diálogo con outros teóricos e artistas, o curso analiza como o banal, o amateur, o familiar e o excesivamente cotiá se convirten en estratexias conscientes de resistencia estética e política.
A posfotografía non se entende como un "despois" cronolóxico senón como unha mutación cultural da imaxe, onde o autor se dilúe, o arquivo se reapropia, a verdade se problematiza e a experiencia visual se volve masiva, automática e, paradoxalmente, profundamente íntima.
*Programa detallado dos cursos, actividades propostas e bibliografía disponible baixo solicitude