SUPERFICIE VIVA

Empregando un mapa físico como suxeito vulnerable, intentase cuestionar a idea de que a xeografía —esa superficie que crimos estable e eterna— tamén é susceptíbel ao tempo e ás forzas que lle impomos. 

Un mapa das rexións polares foi colocado nun forno, sometido a unha temperatura de 220º e retirado a intervalos de cinco minutos para fotografiar os cambios de cor durante o proceso.  

A medida que o mapa se someteu a unha calor intensa, as súas cores escurecéronse progresivamente, mentres que o papel foise carbonizando e fraxilizando. Usando dez ciclos de cocción, representouse a crecente gravidade do quentamento global. Condensando este proceso nunha secuencia de 10 imaxes , transformando a crise ambiental global abstracta nunha experiencia visual intuitiva e inquietante.

O proxecto sitúa ao espectador ante a tensión entre o que foi e o que queda, convidándoo a reconsiderar a función do mapa: xa non só como representación estática dos territorios, senón como superficie viva que sofre e reacciona —ou sucumbe— ao impacto das nosas accións.