¿Qué restos de intimidade persisten no acto de posar? Baixo este premisa inicial, Sweet Love (en curso) é unha acumulación de imaxes que opera como un campo de variacións sobre a representación do amor romántico. Un estudo sobre as súas formas posibles e a súa sintaxe visual.
Neste sentido, o proxecto non se basa na lóxica do rescate, senón na da problematización. O arquivo atopado actívase como un espazo para cuestionar a normatividade dos «dous», sobre como as tecnoloxías da imaxe veñen producindo e estabilizando modelos de relacionalidade. A colección evita calquera intento de restauración narrativa. Opera como un campo teórico no que a fotografía se convirte nunha máquina especulativa, unha infraestrutura para pensar sobre a intimidade máis alá do seu contido sentimental.
O que xorde é un arquivo sen orixe pero con axencia: un conxunto de imaxes que, separadas da súa función memorial, revelan a parella como unha forma cultural e como unha tecnoloxía de subxectividade. Nesta deriva, a obra propón unha lectura na que o afecto non é un dato, senón unha construción observable, un efecto estrutural da repetición visual e o desexo de ordenar o que, por definición, é inestable.